jueves, 12 de marzo de 2015

FERREMENTAS DE AUTOR

DENTRO DA ASIGNATURA DE COÑECEMENTO DO MEDIO 5º/6º
"Amosamos cousas interesantes da nosa cidade" 

Vén a Ourense

Ferramenta de Autor eXelearning

http://exelearning.net/ 

  DESCARGAR FERRAMENTA


ENLACE ACTIVIDADE

 
 
Na frecha descargamos.

martes, 26 de junio de 2012

AULA ABALAR CEIP.VISTAHERMOSA

CURSO ACADÉMICO 2014-2015
AULA DE 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

                                               José Manuel Alonso Gómez.




Os elementos da aula Abalar. Funcionamento básico.

INTRODUCIÓN
O PROXECTO ABALAR dota aos centros dos equipamentos e infraestruturas necesarias para o funcionamento das TIC na educación, favorecendo a conversión dos centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais.
Equipamento: netbooks (ultraportátiles) para o alumnado e portátil de aula, armarios con bandexas para a recarga, EDI (Encerado Dixital Interactivo) e servidor do Centro (servizos de rede e servizos de usuario)
Infraestruturas: conectividade wifi das aulas.
Conexión: creación da intranet do centro e conexión á rede de educación e a Internet.
Dotación das aulas Abalar
·         Miniportátiles para o alumnado: cada alumno terá dispoñible un netbook para o seu uso dotado cun sistema OPERATIVO GNU / Linux.DEBIAN
·         Aplicacións por defecto (Libreoffice, Gimp, Firefox, etc.)
·         Aplicacións educativas.
·         Carro de carga para os miniportátiles.
·         Encerado Dixital Interactivo.
·         Portátil para a aula dotado cun sistema GNU / Linux.
·         Conectividade wifi nas aulas.
·         Servidor do centro, servizos incorporados no servidor CED.
INSTRUCIÓNS E GLOSARIOS DOS ELEMENTOS EN PDF:

 Conectividade dos elementos da aula Abalar.

No convenio Escuela 2.0 asinado pola Xunta de Galicia e Goberno central indícase que o tipo de conexión polo que accederán á rede os equipos ultraportátiles será WiFi.
Para cumprir dito requisito creouse a rede WiFi ABALAR que ademais de cumprir co citado convenido deseñouse para acadar unha rede WiFi profesional capaz de proporcionar un servizo eficiente aos equipos das aulas ABALAR
Servizos de Sistema
o        Servidor dinámico de IPs para a Rede Abalar
o        Servidor puppet para a xestión centralizada dos equipos
o        Servidor de nomes
Servizos de usuario
o        Aplicación de Xestión de Recursos Educativos Dixitais
o        Webs Dinámicas na Intranet
o        Sistema de impresión Abalar
o        Restauración de equipamento
Sistema de impresión Abalar
o        O Servidor CED leva instalado un servidor CUPS que chama á impresora 69.x.y.249 do centro educativo. Cada centro deberá configurar nesa IP a impresora denominada "Impresora Abalar".
Restauración de equipamento
o        Restauración por PXE (cable)
o        Restauración por Wifi
o        Restauración dende o propio equipo
o        Sistema de creación de imaxes


SOLUCIÓNS:
●Nova asignación de VLANs que permita definir un estandar único por centro.
●Introdución dun novo Switch denominado "Switch Abalar" que pasará a ser o Switch principal do centro. O antigo switch principal pasa a denominarse "Switch Siega".
●Nova rede interna dentro da propia intranet do centro que se chama "Rede Abalar", sustentada fisicamente polo "Switch Abalar", electrónica de rede intermedia e Puntos de Acceso Wifi profesionais do equipamento específico ABALAR.
Swtich ABALAR: switch principal con vlans asimétricas (Modelo: D-Link DGS 1224 ou 1210 (24 portos)
·        Portos 1 e 2: Enlaces Routers
  • Porto 3: Tarxeta WAN do Servidor
  • Porto 4: Reservado para xestión remota do Servidor
  • Porto 5 e 6: Tarxtas LAN do Servidor de Centros
  • Porto 7: PXE (restauración de equipos)
  • Do porto 8 en adiante: Aps Abalar
·        A partir do 24 e en orde descendente: enlaces swtichs, comezando polo Switch O equipamento de aula (portátil do profesor e miniportátiles do alumnado) reconocerá inmediatamente a rede Abalar e conectará de xeito transparente ao usuario á mesma (sen necesidade de intervención do usuario, configuración de Ips, etc.)Siega
Servizos asociados a rede no servidor do centro
●Servidor dinámico de Ips (DHCP) para a Rede Abalar
●Servidor puppet para a xestión centralizada do equipamento, actualizacións, etc
●Servidor de nomes DNS
●Servidor CUPS (servidor de impresora que chama á IP 69.x.y.249)
●Restauración do equipamento PXE (porto 7 de switch Abalar)

. Compartindo documentos na aula Abalar.

Aplicación de Xestión de Recursos Educativos – Acceso no SERVIDOR DE CENTRO

A aplicación de Xestión de Recursos Educativos atópase na intranet do centro educativo, aloxada no servidor ABALAR. Polo tanto, o único que se precisa é un equipo conectado á rede local do
centro e un navegador web actualizado, onde deberemos escribir o enderezo:
Existen dúas maneiras de acceder á aplicación: como usuario
anónimo (para os alumnos) e como usuario rexistrado (para os
profesores).

Existen tres perfiles de usuarios rexistrados que determinan cales son os permisos e privilexios
que se lle outorgan a cada usuario. Estes perfiles son os que se presentan a continuación:
- USUARIO: é o perfil básico e o máis utilizado polos profesores. Os seus
privilexios será os de ter unha carteira de recursos propia, subir novos
recursos ao servidor, catalogalos, etiquetalos e editalos (os subidos por el
mesmo). ENTRADA ADMIN-ADMIN
-EDITOR: perfil pensado para axudar ao administrador para liberar parte seu
traballo. Poderá xestionar os recursos introducidos polos demais usuarios,
incluída a edición
-ADMINISTRADOR: xeralmente, son o director do centro e o coordinador
ABALAR e contan con permisos completos na aplicación.


BUSCADORES

Funcionalidade da Aplicación de Xestión de Recursos Educativos que permite localizar
facilmente os recursos dispoñibles no Servidor ABALAR do centro.
Está dispoñible para todo tipo de usuarios.
Dispón de dous tipos de busca: buscador de recursos e buscador de carteiras de recursos
Buscador de recursos educativos: accédese dende a pantalla inicial ou ben
dende o botón “Buscador”, presente no menú principal de tódolos usuarios.
Pódese buscar: por palabra clave, empregando filtros (ensinanza, nivel
educativo, materia, etc) ou combinando ambas opcións
Buscador de carteiras de recursos: permite acceder ás distintas carteiras presentes na
aplicación. Dispón de dous tipos de busca: por usuario (nome e/ou apelidos) ou por recurso
educativo (título, descrición ensinanza, materia, etc).

. Normas ou protocolos básicas para o traballo na aula Abalar.
Protocolos e contratos do CEIP.VISTAHERMOSA-OURENSE

C.E.I.P.VISTAHERMOSA -OURENSE
                                  CURSO ACADÉMICO 2011/2012

NORMAS DE USO DOS RECURSOS TIC DAS AULAS ABALAR

PROTOCOLO PARA INCLUIR NO REGULAMENTO DE RÉXIME
INTERNO.

Independentemente da normativa contemplada con carácter xeral no RRI, co material e dependencia da aula Abalar terase en conta a seguinte:

1.- ALUMNADO. ELEMENTOS DA AULA ABALAR:

A.- ARMARIO DE CARGA

• Antes de coller o portátil das casiñas establecidas para gardalos os alumnos
deixarán as súas mesas libres para evitar ter que colocalo en situacións de
equilibrio precario.

• Cada alumno/a irá ao armario (ao casilleiro que ten asignada por orde). E en
ningún caso se acudirá en grupos para evitar aglomeracións que deriven en
posibles caídas dos equipos.

• Cada un dos netbooks ten unha etiqueta identificativa que se corresponde con
cada alumno/a . De aí que sempre se collerá o portátil que se ten asignado para que exista unha responsabilidade persoal no coidado do mesmo.

• Durante os recreos os equipos non se poderán sacar da aula. Neste tempo os
equipos deixaranse no estante correspondente, apagados e conectados á rede
eléctrica para recargar a batería.

• Os alumnos/as devolverán o portátil ao lugar que lle corresponde no estante,
cando non se estea a utilizar,asegurándose de que queda conectado ao cargador.

• Os portátiles, unha vez rematada a xornada lectiva permanecerán no
centro gardados na clase no seu correspondente armario e baixo chave.



B.- ULTRAPORTÁTIL DOS ALUMNOS

• Cada alumno como responsable do seu portátil, terá un nome de usuario que se corresponde co do netbook que ten asignado coa fin de facilitar o rexistro da súa actividade.

• Cada alumno recibirá un contrasinal de uso que non deberá de facilitarse a
outros compañeiros/as. É responsabilidade do alumno/a calquera uso por
terceiros do seu portátil usando o seu contrasinal.

• O ultraportátil non se encenderá ata recibir a orde expresa do ou da mestre , unha vez rematada a exposición do traballo que vaia realizar.

• É responsabilidade do alumno/a o coidado do equipo asignado e o seu
mantemento en bo estado. Para iso debe preservalo de temperaturas extremas(sol, radiadores), da humidade ( auga e outros líquidos) e mesmo evitar golpes.
• Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre o portátil nin cando estea
aberta nin cando estea pechada a tapa.

• A pantalla é moi delicada. Non se debe tocar nunca cos dedos só co punteiro do propio portátil.

• Cada equipo é responsabilidade do alumno/a ao que lle é asignado e diante d
calquera incidencia co mesmo deberán cubrir un parte de incidencias,
supervisado polo/a metre, para entregar ao Coordinador do Proxecto Abalar
do Centro.

• Os portátiles só se poderán sacar da aula Abalar para ser levados ás aulas
específicas de P.T. e A.L. (cando sexa necesario).

 C. -DURANTE A CLASE: Traballo co alumnado

• Cando se estea a traballar co equipo, deberá de colocarse nun lugar estable a
salvo de posibles incidencias: caídas, golpes, evitando posibles caídas de
obxectos sobre el e de calquera outra circunstancia na que perigue a integridade física do aparello.

• Cando o mestre teña que interromper o traballo do alumnado para dar unha
explicación baixaranse as tapas dos portátiles sen chegar a pechalos de xeito que estes non entren en estado de suspensión.

• Cada alumno/a será responsable do correcto mantemento do escritorio, seguindo as normas establecidas polo Equipo de mestres.

• Cada alumno/a será responsable de gardar o traballo, e se é o caso, de apagar correctamente o equipo ao finalizar a clase.


• No caso de que se esgote a batería por non cumprir as normas o alumno/a ou
grupo de alumnos/as deberán de continuar a clase sen el.

• Cando se produza unha incidencia no manexo do portátil e o alumno/a precise axuda do mestre, procurará non interromper o traballo nin as explicacións que nese momento se estean a desenvolver na aula de clase.

• Cando o alumno/a teña que ausentarse temporalmente da aula, baixará
totalmente a tapa do portátil para evitar posible golpes e aforrar batería.

D.- ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO (EDI)

• Non utilizar obxectos ou instrumentos puntiagudos/afiados coma os bolígrafos,lapis ou os rotuladores de punta fina. Aínda que a superficie é moi duradeira,este tipo de elementos poden danar a superficie analóxica-resistiva se se aplican cunha forte presión.


• Evitar que os borradores ou materiais de limpeza abrasivos entre en contacto coa EDI.

• É requisito indispensable para o uso do EDI que as mans reúnan unha perfecta condición hixiénica (coidado coas unllas).

• Non pegar cinta adhesiva sobre a superficie de escritura ( posible
desprendemento do recubremento exterior da pizarra).

• Evitar o uso de rotuladores de borrado en seco ou de tinta indeleble (no caso de escritura accidental borrar o antes posible seguindo as instrucción do fabricante  para eliminar as manchas).

• Os alumnos/as non deben usar o EDI sen permiso.

E. - PROFESORADO. ELEMENTOS DA AULA ABALAR PORTÁTIL- PROXECTOR PIZARRA DIXITAL-ARMARIO DE CARGA:XESTIÓN DA AULA

• O titor/a abrirá a aula na pimeira sesión e deixará as chaves do armario de carga no sitio acordado polo Equipo de profesores/as.

• Durante as primeiras sesións da mañá o portátil do profesorado permanecerá
enriba da mesa.

• Durante o tempo de recreo o cañón permanecerá apagado ( exercerá esta función o profesor/a que este na aula na sesión anterior).

• Ao finalizar a sesión o profesor/a que este nese momento na aula premerá o
botón verde que está no caixón para iniciar a carga dos ultraportátiles dos
alumnos/as en modo manual.

• A clase permanecerá pechada ao remate da sesión ou cando o alumnado se
ausente da aula ben por unha especialidade, ben porque se desprace á Biblioteca ou a outra dependencia do Colexio.

• O profesor/a que imparta clase na derradeira sesión encargarase de desconectar o cañón, a pizarra dixital e recoller o portátil do profesor/a.

• Ao rematar a derradeira sesión, o titor/a ou o Coordinador/a Abalar conectarán oarmario de carga para que os ultraportátiles se recarguen e aseguraranse de que  todos os elementos da Aula queden apagados.

As persoas que utilizan os portátiles da aula son responsables de que estén sempre en bo estado e funcionamento, polo que deben comunicar o coordinador calquera incidencia que ocorra para que se proceda coa maior brevidade á súa reparación.

2- NORMATIVA DE CUMPRIMENTO

O usuario/a que incumpra as directrices establecidas neste protocolo e os
procedementos establecidos pola Consellería de Educación, estará suxeito/a á suspensión temporal ou definitiva dos seus dereitos de utilización do portátil e da rede/sistema, e estará suxeito/a ás correspondentes sancións disciplinarias, recollidas no
Regulamento de Réxime Interno ou nos procedementos legais oportunos:

1º.-( REAL DECRETO 732/1995, de 5 de maio,polo que se establecen os dereitos e deberes dos Alumnos e as normas de convivencia nos centros).


 2º.-Ley 4/2011, de 30 de junio, de convivencia y participación de la comunidad educativa.

O feito de non aceptar estas normas ou de non respectalas pode traer consigo a restrición do acceso ao mesmo ou a súa retirada definitiva.

Calquera desobediencia por parte do alumno dos protocolos de uso do miniportátil ou desatención, perturbación, e manexo indebido, poderá levar ao mestre á retirada deste durante a sesión de clase e si así o considera oportuno, propoñer a retirada durante varias sesións.
Esta incidencia recollerase por escrito nun parte dencidencias (MD75010405a) que se entregará á xefa de estudos e ao titor.

SON FALTAS MOI GRAVES:

 A difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos  membros da comunidade educativa.


 Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalacións e aos materiais da aula, incluídos os equipos informáticos e o software, ou aos bens doutros membros da comunidade educativa ou de terceiros.

3.- INFORMACIÓN AOS PAIS:

• Os pais serán informados nunha reunión conxunta sobres os aspectos máis
salientables da Aula Abalar.

• Recibirán un impreso (Contrato Familias )no que se comprometen a cumprir as normas deste regulamento. Este impreso deberá se asinado polo pai/nai ou titor/a legal


                          
CONTRATO DE ACEPTACIÓN DO PROGRAMA- FAMILIAS

O portátil é un instrumento de traballo escolar ao que se ten aceso polo feito de participar no Proxecto Abalar.
O alumnado e os seus pais ou titores legais aceptan:

• AS NORMAS ESTABLECIDAS PARA O SEU USO.
• QUE O INCUMPRIMENTO DAS NORMAS PODE SER OBXECTO
DALGÚN TIPO DE SANCIÓN PEDAGÓXICA OU RESTITUTIVA.

As sancións que se poderán contemplar, en función da gravidade do incuprimento son:
• A retirada do dereito de utilización do portátil por un tempo determinado.
• Calquera outra incluida no REGULAMENTO DE REXIME INTERNO.
Segundo establece o RD 732/1995 do 5 de maio no seu artigo 44.1 é de obrigatorio cumprimento: o pagamento da avería (por un mal uso intencionado) ou a restitución do deteriorado de calquera elemento da aula ABALAR.

Quedo enterado/a e acepto a presente normativa que asino.
------------------------------------------------------------------------------------------------------
D/Dna....……………………………………… D.N.I.nº……………............
pai, nai, titor/a do alumno/a .....……........................................………….........


Sinatura dos titores:



Vistahermosa-Ourense, ..............de ...................de 2011



. O servidor de contidos
Dúas vías:

http:/servidorcentro/recursos


O servidor Abalar ademáis de servir á infraestrutura de rede e de equipamento das aulas abalar (dhcp, puppet...) posibilita o almacenamento, catalogación e busca de recursos educativos tanto dos precargados como daqueles que o profesorado engada.

Neste apartado trataremos de xeito especial a aplicación de recursos educativos e a preinstalación das ferramentas de webs dinámicas (drupal, moodle e coppermine) para o seu uso na intranet do centro educativo.
CONTIDOS DIXITAIS

ejemplo

O espazo Abalar.
Información
ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 
ABALAR inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa de modernización egoberno2013.
ABALAR recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro do Goberno galego aos retos que presenta a educación dos nosos nenos na sociedade dixital do século XXI.
ABALAR organizará os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente.
ABALAR é unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da nosa cidadanía, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.
O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos
O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.
Servizos
Achega as familias á comunidade educativa. Proporciona servizos de seguimento e comunicacións.
Ferramentas para o desenvolvemento das súas actividades diarias de seguimento e control.
Pon a disposición da comunidade un taboeiro virtual que amosa os avisos realizados polo centro ás familias e profesores.
Ferramentas de colaboración para traballar na selección e desenvolvemento de materiais educativos.
Aula con todos os materiais formativos do Proxecto Abalar, aberta a toda a comunidade educativa.
Colectivos
·          Alumnos
·          Centros
·          Familias
·          Profesores
Eixos de actuación
·          Contidos
·          Espazo Abalar
·          Formación
·          Infraestructura
Enlaces

Enciclopedia Galega Universal é unha obra de carácter analítico que contén máis de 200.000 entradas.
CLAVE AOS CENTROS
 
Digalego.com é un completo dicionario en liña de lingua galega que posúe máis de 65.000 entradas.
CLAVE AOS CENTROS
 
As claves para navegar por Internet dunha forma segura

jueves, 22 de marzo de 2012

AULA  ABALAR CURSO 2011-2012

Dentro da formación en centro PFAC

 COA ABALAR E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Damos paso a unha nova andaina para reflictir nela "un facer" respecto as novas tecnoloxías no CEIP.VISTAFERMOSA-OURENSE.

Somos un equipo de mestres cheos de inquedanzas e aproveitamos os recursos que nos ofrece a internet como apoio ao noso alumnado no proceso de ensino aprendizaxe.

A FINALIDADE  É EDUCATIVA,INFORMATIVA...

Os mestres do Ceip.vistahermosa

Mandan un saúdo a Comunidade educativa.